8 ideas de sobremesas con Iogur de Pastoreo

Hai ingredientes que sempre convén ter na neveira. E o iogur é, sen dúbida, un deles. Porque o mesmo che salva un almorzo rápido ca unha merenda de última hora ou incluso unha sobremesa desas que parecen moito máis elaboradas do que realmente son.

Ademais, cando falamos de iogures elaborados con leite de Pastoreo, a cousa cambia. A súa textura cremosa e ese sabor suave fan que calquera receita quede aínda máis rica. E claro… aquí sabemos bastante diso 😉.

Por iso hoxe traemos 8 ideas de sobremesas fáciles e moi resultonas para preparar cos nosos Iogures de Pastoreo Larsa. Receitas sinxelas, fresquiñas e perfectas para gozar na casa sen complicarse demasiado.

1. Mini xeados de framboesa e iogur con chocolate branco

Hai receitas que lle gustan a todo larseiro, e estes mini xeados son unha delas. Cremosos, fresquiños e con esa mestura de framboesa e chocolate branco que sempre funciona.

Ademais, grazas aos nosos Iogures Cremosísimos con Leite de Pastoreo, conseguirás unha textura aínda máis suave e cremosa.

Ingredientes:

Receita paso a paso:

  1. En primeiro lugar, poñemos no vaso da batedora o Cremosísimo Larsa, as framboesas e o leite condensado.
  2. Trituramos todo ata conseguir unha mestura cremosa e homoxénea.
  3. Unha vez lista, repartimos a mestura en moldes para xeado, colocamos os pauciños e conxelamos durante varias horas.
  4. Media hora antes de retirar os mini xeados do conxelador, derretemos o chocolate branco ao baño maría ou no microondas, tendo coidado de que non se queime.
  5. Engadimos o aceite de xirasol e remexemos ben ata integrar todo.
  6. Agora, sacamos os mini xeados e mergullámolos no chocolate branco.
  7. Deixamos arrefriar uns minutos máis e… listo! Xa podes desfrutar destes mini xeados 100 % larseiros.

2. Xelatina de iogur con froitos vermellos

Unha sobremesa lixeira, fresca e moi fácil de preparar. Perfecta para eses días nos que che apetece algo doce pero non demasiado pesado.

Ingredientes:

  • 2 Galaikos Naturais Larsa
  • 80 g de leite condensado
  • 100 ml de auga
  • ¼ de rama de vainilla
  • 30 g de mel
  • 2 follas de xelatina
  • 400 g de froitos vermellos

Receita paso a paso:

  1. Comezamos hidratando as follas de xelatina nun bol con auga fría.
  2. Mentres tanto, quentamos a auga xunto co leite condensado e a vainilla previamente aberta pola metade. Cando empece a ferver, retiramos a mestura do lume e engadimos as follas de xelatina ben escorridas.
  3. Remexemos todo ben ata que a xelatina se disolva completamente e coamos a mestura.
  4. Noutro recipiente, batemos os Galaikos Naturais Larsa e engadimos pouco a pouco a preparación anterior.
  5. Unha vez listo, vertemos a mestura nunha fonte ou recipiente fondo e deixamos arrefriar na neveira ata que calle. Mentres arrefría, lavamos ben os froitos vermellos.
  6. Agora, quentamos o mel nunha tixola a lume suave e engadimos a froita. Deixamos cociñar uns minutos, remexendo con coidado.
  7. Servimos a xelatina cortada en dadiños xunto cos froitos vermellos por enriba e… listo!

3. Iogur, galleta e mazá caramelizada

Como ves, darlles unha volta aos nosos iogures é moito máis fácil do que parece. E esta receita é o exemplo perfecto.

Ten unha presentación moi bonita, está boísima e ademais é perfecta para cando tes convidados na casa.

Ingredientes:

Receita paso a paso:

  1. Para comezar, trituramos as galletas ata conseguir pequenos anacos e reservámolas.
  2. Agora, pelamos as mazás, retiramos o corazón e cortámolas en dados. Engadimos o zume de limón e laranxa sobre a mazá para evitar que se oxide.
  3. Batemos os Iogures Naturais azucrados de Pastoreo xunto con parte do azucre moreno ata conseguir unha textura aínda máis cremosa.
  4. Derretemos a Manteiga Tradicional Larsa nunha tixola e engadimos a mazá e o resto do azucre moreno.
  5. Cociñamos durante uns minutos, remexendo constantemente, ata que a froita caramelice lixeiramente e, unha vez lista, deixámola arrefriar.
  6. É a quenda de montar os vasos. Colocamos primeiro a galleta triturada, despois o iogur e por último a mazá caramelizada.
  7. E listo! Unha receita sinxela pero espectacular.

4. Crema larseira de figo e azahar

Unha receita diferente, moi refrescante e con sabores que combinan moitísimo mellor do que imaxinas.

Ingredientes:

  • 2 Iogures naturais de Pastoreo
  • 1 cullerada de mel
  • 2 gotas de auga de azahar
  • 1 laranxa sanguina
  • 6 améndoas
  • 70 g de pan de figo
  • Unha presiña de menta fresca

Receita paso a paso:

  1. Primeiro mesturamos os Iogures naturais de Pastoreo co mel e a auga de azahar e, unha vez listo, repartimos a mestura en dous cuncos.
  2. Pelamos a laranxa sanguina sacando os gomos ao vivo, é dicir, sen a pel branca.
  3. Unha vez listos, colocamos os gomos sobre o iogur.
  4. Cortamos o pan de figo en pequenos dados e engadímolos por enriba.
  5. Agora, laminamos as améndoas con coidado, repartímolas sobre os cuncos e rematamos engadindo menta fresca picada por enriba.
  6. E listo! Xa podes desfrutar desta sobremesa que está boísima.

5. Biscoito de iogur con pingas de chocolate

O clásico biscoito de iogur de toda a vida… pero con pingas de chocolate e o noso iogur de Pastoreo. E claro, así aínda está máis rico 😉

Ingredientes:

  • 1 Iogur natural de Pastoreo
  • 280 g de fariña
  • 1 sobre de fermento químico
  • 250 g de azucre
  • 20 ml de aceite de xirasol
  • 3 ovos
  • 2 culleradas de zume e reladura de limón
  • 125 g de pingas de chocolate

Receita paso a paso:

  1. Para comezar a receita, prequentamos o forno a 180 ºC.
  2. Mentres tanto, mesturamos nun bol os ovos, o Iogur natural de Pastoreo e o aceite. Engadimos o azucre e remexemos ben.
  3. Unha vez que todo estea ben integrado, incorporamos pouco a pouco a fariña peneirada xunto co fermento.
  4. Por último, engadimos o zume e a reladura de limón.
  5. Cando a masa estea lista, incorporamos as pingas de chocolate.
  6. Vertemos a mestura nun molde con papel de forno para que non se pegue e enfornamos durante uns 45 ou 50 minutos aproximadamente.
  7. Pasado este tempo, retirámolo e deixámolo arrefriar. E listo! Xa podes desfrutar deste biscoito tan esponxoso sempre que che apeteza.

6. Mousse de iogur e amorodos

Hai poucas cousas tan sinxelas e tan ricas como unha mousse fresquiña de iogur e amorodos. Ademais, grazas ao noso Iogur natural de Pastoreo, queda aínda máis cremosa.

Ingredientes:

Receita paso a paso:

  1. Para preparar a marmelada, cociñamos os amorodos xunto co limón e o azucre ata que estean brandiños.
  2. Unha vez listos, trituramos a mestura, coámola e deixámola arrefriar.
  3. Mentres arrefría, hidratamos as follas de xelatina en auga fría. Montamos a nata con parte do azucre e, unha vez lista, mesturámola cos Iogures naturais de Pastoreo.
  4. Disolvemos a xelatina nun pouco de Leite enteiro Larsa
  5. Engadimos distintas cantidades de marmelada de amorodo para conseguir varios tons de mousse.
  6. Agora, enchemos os vasos por capas, da mousse máis escura á máis clara, e deixamos arrefriar na neveira ata que calle.
  7. Decoramos cun pouco máis de nata ou marmelada e… listo! Xa podes desfrutar desta deliciosa receita.

7. Xeado de iogur con galleta Lotus

Levar o sabor do noso Iogur de sobremesa sabor licor café de Pastoreo a un xeado caseiro parece complicado… pero nada máis lonxe da realidade. Imos descubrir como facelo, larseiros!

Ingredientes:

Receita paso a paso:

  1. En primeiro lugar, montamos a nata ata que quede cremosa.
  2. Agora, mesturamos os Iogures de sobremesa sabor licor café de Pastoreo co azucre e incorporamos pouco a pouco a nata montada con movementos suaves.
  3. Pasamos a mestura a un recipiente apto para conxelador e conxelamos durante unhas 5 ou 6 horas.
  4. Remexemos o xeado durante as primeiras horas, un pouco cada hora, para conseguir unha textura máis cremosa.
  5. Unha vez pasado todo o tempo, sacamos o xeado e deixámolo repousar 10 minutos antes de servilo. Unha vez servido, colocamos unha galleta tipo Lotus e… listo!

8. Parfait de iogur

Sen dúbida, un almorzo, merenda ou sobremesa moi fácil e rica.

Ingredientes:

  • 2 Iogures Larsa da túa preferencia
  • 150 g de amorodos
  • 150 g de arandos
  • 150 g de granola
  • Un chisco de canela moída

Receita paso a paso:

  1. Comezamos poñendo un par de culleradas de granola na base duns vasos.
  2. Engadimos unha capa de iogur, amorodos anacados e arandos.
  3. Repetimos outra capa de granola e iogur.
  4. Rematamos decorando con froita e un pouco de canela moída.
  5. E listo! Unha receita sinxela, nutritiva e perfecta para calquera momento do día.

Ao final, preparar unha sobremesa rica non ten por que ser complicado. Moitas veces abonda con ter un bo iogur na neveira e un pouco de imaxinación para montar receitas incribles en moi pouco tempo.

E se ademais falamos de Iogures de Pastoreo Larsa, esa textura cremosa fai que calquera receita quede aínda mellor.

Así que xa sabes, larseiro. A próxima vez que che apeteza algo doce… dálles unha volta aos teus iogures e proba algunha destas ideas 😉.

514