Diferenzas entre a Nata para Montar e a Nata para Cociñar

A nata é un dos produtos lácteos máis agradecidos na cociña. Marabillosa en sobremesas, como recheo doce de pasteis, de sabor delicado e untuosa en salsas e tortas salgadas, imprescindible en receitas de pasta… Como a moitos larpeiros do planeta, en Larsa encántanos a nata e por iso co noso mellor leite elaboramos unha nata cremosa en dúas variedades, para adaptarnos ás túas necesidades en cada momento: a Nata para Montar e a Nata para Cociñar. O seu propio nome indica cal é a principal diferenza entre a nata para montar e a nata para cociñar, pero hai algunhas máis.   

Como se fai a nata 

A nata obtense da graxa do leite recén muxido. Tradicionalmente, esta graxa separábase do leite mediante un proceso natural ou espontáneo que consistía en almacenar o leite fresco e agardar a que o efecto da gravidade separase o leite da súa graxa, que ten unha menor densidade e tende a acumularse na superficie. Hoxe en día, en Larsa como na maioría das marcas lácteas, esta separación realízase mediante unha desnatadora, que separa por centrifugación a graxa e o leite, quedando esta última desnatada. Con esa tona do leite elabóranse a manteiga e a nata que, dependendo do seu contido en materia graxa e a súa formulación será para montar ou para cociñar.  

Para obter a nata para montar ou para cociñar, a graxa do leite sométese a dous procesos; a esterilización mediante UHT e a homoxeneización, para conseguir que a distribución da graxa na nata sexa uniforme, sen tender a separarse e tamén mellorar a súa viscosidade.   

5 diferenzas entre nata para montar e nata para cociñar

 E que é o que diferencia a nata para montar da de cociñar? Imos con iso! Como ben sabes, con Larsa Non é o Mesmo! 😉  

1. Materia graxa

 Dacordo coa lexislación e dependendo do seu contido en materia graxa, a nata clasifícase non en dous tipos, senón en tres!: A chamada dobre nata, que ten máis dun 50% de materia graxa e emprégase principalmente en repostería profesional; a nata, con entre un 30% e un 50% de materia graxa, e a chamada nata delgada ou lixeira, que debe ter unha porcentaxe de materia graxa de entre o 12% e o 30%. Así é que a nata para montar é o que oficialmente se chama nata e a nata para cociñar é nata delgada ou lixeira.  

 Como ves, a cantidade de materia graxa é a principal diferenza entre os dous tipos de nata. A Nata para Montar Larsa ten un 35% de materia graxa porque é a cantidade mínima necesaria para lograr o montado manual, con batedor de varas ou eléctrico. Mentres, a Nata para Cociñar Larsa contén un 18% de materia graxa, ideal e suficiente para elaborar pratos cremosos.  

2. Proteínas

 A nata para montar e a nata para cociñar conteñen proteínas, naturalmente presentes como derivados lácteos, un nutriente que ademais de nutrir achega á cociña e a repostería texturas cremosas, aireadas, espesas ou gelificadas; por iso é polo que algunhas natas para repostería adoitan conter máis ou menos proteínas, buscando un resultado diferente na cociña.   

3. Cor

Toda a nata, do mesmo xeito que o leite, é branca, pero no caso da nata para cociñar o branco pode tender a amarelado, mentres que a nata para cociñar é máis esbrancuxada.  

4. Textura

Sobre todo, polo seu maior volume de materia graxa, a textura da nata para montar é máis viscosa que a da nata para cociñar.   

5. Aplicacións

 Dadas todas estas características, o que marca a diferenza á hora de escoller entre unha nata para cociñar ou para montar é o uso que vaiamos facer dela. As natas para montar poden empregarse en todas as receitas de pratos salgados que requiran nata para cociñar. O resultado será en moitos casos moi superior en canto a textura e sabor, e o contido en graxas do prato tamén será maior. En cambio, a nata para cociñar non pode montarse, porque non ten a materia graxa suficiente.  

Como utilizar a nata para cociñar

 A nata para cociñar é un ingrediente que marca a diferenza en salsas para acompañar verduras, carnes ou peixes e mariscos ou cremas. É imprescindible en gratinados e tortas salgadas, como a quiche, pero un chorriño de nata para cociñar tamén é un truco efectivo para arranxar rápidamente guisos ou salsas demasiado líquidas, arroces ou pratos de pasta demasiado secos e preparacións demasiado salgadas ou picantes.

Se precisas inspiración para utilizar a nata para cociñar nos teus fogóns, proba con algunha destas suxerencias:  

  Cremas de verduras, como a de cabaza

Receitas con nata para montar  

 A nata para montar é ideal simplemente montada e cun pouco de azucre para acompañar froita fresca, unhas filloas ou decorar unha sobremesa, como unha torta de froitas ou un flan, pero como ingrediente de repostería achega o volume e sabor necesarios en multitude de receitas. Para utilizala correctamente ten sempre a man a túa nata para montar Larsa, pero gardada no frigorífico. Así aseguraraste de que estea a polo menos 5° de temperatura antes de comezar a montala. É recomendable arrefriar tamén os teus utensilios de montado para un resultado perfecto.  

 E se queres preparar unha sobremesa diferente e á vez poñer a proba a nosa nata para montar, bota unha ollada a estas receitas:

Irresistibles, verdade? Descubre o poder das nosas natas na cociña e entende por que con Larsa Non é o Mesmo! 😊  

438