O iogur é un produto que se obtén a partir da fermentación láctica. Debido aos seus beneficios, o consumo de iogur convértese en esencial á hora de alimentarnos.
En Larsa, contamos cunha ampla gama de iogures, todos cun sabor e unha textura cremosa que os fai únicos: Iogures elaborados con Leite de Pastoreo.
O noso abanico de posibilidades é moi grande. Por iso, queremos contarche que tipos de iogures podes atopar en Larsa, para que a próxima vez que vaias ao supermercado, non esteas unha hora enfronte da neveira. 😉
Iogures tradicionais, Con Froitas, Desnatados, Con Bífidus, Sobremesa, Cremosísimos… Un paraíso para os amantes do iogur!
Iogures tradicionais con Leite de Pastoreo
Os iogures tradicionais de Larsa son os de sempre. Produtos que levantan paixóns e que nunha neveira Larseira nunca fallan. Consumilos é unha viaxe no tempo, porque o seu sabor a iogur de toda a vida fainos regresar ao pasado.
Si, estamos a falar dos iogures naturais, os iogures naturais azucrados, os iogures sabor amorodo, limón, plátano, ananás e, obviamente, do noso iogur máis emblemático: o Iogur sabor Vainilla.
Se non os coñeces, pero dubidámolo, convidámosche a descubrilos. Na súa elaboración, empregamos Leite de Pastoreo. Goza do seu sabor e sinte a súa textura única!
Iogures con Froitas con Leite de Pastoreo
Con Mandarina, con Uvas, con Pexego, con Froitas do Bosque, con Amorodo… Cando falamos dos nosos Iogures con Froitas, é complicado escoller só un.
Cada froita é un mundo e cada vasiño de iogur, tamén. Con cada cullerada, sentirás como a froita se desfai no teu padal.
Se non te decides entre a nosa ampla gama de Iogures con Froitas, non te preocupes. Vendemos os nosos iogures de forma independente porque cremos que cada Larseiro ten dereito a elixir a combinación que máis lle gusta en cada visita ao supermercado. Fai a túa propia cata Larseira de Iogures con froitas e cóntanos por redes sociais que che pareceron. Encantaranche!
Iogures Desnatados con Leite de Pastoreo
Os Iogures Desnatados contan cun contido moi baixo de materia graxa. Perfectos para aqueles Larseiros que buscan coidar a súa alimentación sen renunciar ao mellor sabor. E é que a súa textura e cremosidade faranche comprobar dúas veces que o que estás a consumir é un Iogur Desnatado.
Descobre os sabores: Iogur Desnatado Natural, Iogur sabor Lima-Limón, con Cereais e Fibra, sabor Amorodo, con Amorodos, con Melón, con Framboesa ou con Ananás. Cal é o teu sabor favorito?
Iogures Bífidus Vai Ben con Leite de Pastoreo
Os Iogures Bífidus Vai Ben son o alimento perfecto se o que buscamos é recuperar o equilibrio interior. En Larsa, ademais de reforzar a túa microbiota intestinal, apostamos por un produto cremoso e con textura. E con sabores do máis orixinal!
Elaboramos os nosos Iogures Bífidus con leite de Pastoreo para que, ademais de coidarte, consumas un produto con moito sabor.
Bífidus Vai Ben con Abelás, Bífidus Vai Ben Natural e Bífidus Vai Ben Natural Desnatado.
Sobremesa con Leite de Pastoreo
¡La crème de la crème!
Os nosos Iogures Sobremesa concentran a esencia e sabor da gastronomía galega. Unha referencia ás comidas familiares, as mesas longas e as comidas eternas. Unha auténtica sobremesa galega con sabor Licor Café e Mazá ao forno.
Pecharás os ollos e te teletransportarás inmediatamente ás comidas de domingo da aldea. Descubre os Iogures Sobremesa e goza de todo o sabor da cultura galega!
Iogures Cremosísimos con Leite de Pastoreo
Para os Larseiros máis cremosos creamos os nosos Iogures Cremosísimos, produtos de diferentes sabores (Cremosísimo Natural, Cremosísimo Amorodo e Cremosísimo Stracciatella) cunha textura lixeira para que non che pesen.
Auténtico sabor a Pastoreo en cada vasiño de iogur. 125 gramos de pura cremosidade!
Estas son as 6 variedades de iogures que podes atopar en Larsa. Unha ampla oferta de sabores para que cada Larseiro atope o seu.
Por exemplo, podes escoller se prefires un sabor máis tradicional, iogures con froita, fortalecer a microbiota, menos materia graxa, revivir as sobremesas galegas ou gozar dun extra de cremosidade. Aínda que tamén podes evitar as categorizacións e gozar do sabor de todos os Iogures de Larsa. En vasiños independentes e sen agrupadores para que escollas os sabores que máis che gustan!
E se es fan dos nosos clásicos, en Larsa podes gozar dos nosos iogures tradicionais en pack. Máis cantidade para gozar do auténtico sabor de Pastoreo!
Sexa como sexa, estarás a consumir un produto elaborado con Leite Galego 100% de Pastoreo, cun sabor, unha textura e unha cremosidade inigualables.