Se es fan dos iogures, estás no mellor sitio posible. Descubre a máis completa das gamas de iogures e sobremesas lácteas do mercado, cun sabor e unha textura cremosa que os fai únicos, inigualables: Iogures elaborados con Leite de Pastoreo.
Ou os nosos iogures tradicionais, Con Froitas, Desnatados, Bífidus, de Licor Café, Con Castañas, Sabor a Torta de Améndoa… Un paraíso para os amantes do iogur
O noso iogur máis popular, con sabor a auténtica vainilla e o máis vendido de Galicia
Un iogur coa textura perfecta do iogur con Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a amorodo que non te deixará indiferente
Un dos nosos iogures favoritos entre os nenos e os que non o son tanto. Descubre por que!
O primeiro iogur de ananás elaborado en Galicia e a homenaxe máis cremosa á primeira froita tropical que coñecemos
Con sabor a uva fresca e coa cremosidade ideal do Leite de Pastoreo, o iogur pensado para festexar a vendima.
Unha sobremesa ou merenda ideal con todo o sabor da nosa froita cítrica de inverno favorita
O noso particular combinado de iogur con bagas e froitos do bosque para que os comas ás culleradas
Un dos favoritos dos amantes do iogur con froitas para gozar das cereixas todo o ano
O noso iogur con menos calorías agora cun sabor refrescante e un toque cítrico
O mellor do noso iogur desnatado con Leite de Pastoreo e as vitaminas dos amorodos
Un iogur desnatado coa textura perfecta do iogur con Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a amorodo que non deixa a ninguén indiferente
Goza do sabor a melón todo o ano co noso novo iogur, tan cremoso e saudable como todos os desnatados de Larsa
Deléitate co intenso sabor a framboesa co cremoso iogur Larsa de sempre, e con menos de 50 calorías!
Un cremoso iogur desnatado con deliciosa polpa de ananás pensado para che alegrar a vida.
O grego máis galego: cremoso, suave e de sabor natural como o noso Leite de Pastoreo
O sabor do iogur natural de sempre cun extra que axuda a coidar a túa flora intestinal
Todo o sabor da mazá ao forno nunha sobremesa láctea con deliciosos anacos de froita
Unha homenaxe ao produto máis asociado ás longas sobremesas galegas que se converteu nun fenómeno único
Tan natural coma o Iogur Tradicional Larsa pero cunha cremosidade extraordinaria para gozar de todo o sabor do Pastoreo.
Ao noso clásico iogur Tradicional sabor Amorodo saíulle un parente, próximo en sabor pero cun extra de froita e cremosidade que che sorprenderá.
Os iogures de Larsa son únicos no mercado. E non o dicimos unicamente nós, senón a lexión de fans das nosas sobremesas lácteas, que demostran a súa paixón día a día e responden con entusiasmo a cada lanzamento.
O sabor e a textura cremosa é o que os diferenza. Por que? Porque en Larsa elaboramos os nosos iogures con Leite de Pastoreo, obtido de vacas que pastan en liberdade, como sempre se fixo en Galicia. E por iso o sabor inconfundible dos iogures Larsa se mantivo igual durante décadas. Unha referencia nos fogares galegos, xeración tras xeración; iogures elaborados con leite 100% Galego, procedente de máis de 400 explotacións en réxime de pastoreo.
Os Iogures Larsa con Leite de Pastoreo son a sobremesa perfecta; unha fonte de calcio para unha merenda sa e saudable como a que necesitan os máis pequenos e un ingrediente ideal para preparar un almorzo enerxizante, só ou combinado con froitas ou cereais. E se che gusta a repostaría, atoparás nos iogures Larsa o toque secreto para que as túas tortas e biscoitos sempre triunfen.
E como na variedade está o gusto, Larsa ofréceche unha gama amplísima coa que poderás elixir, incluso cada día, o sabor do teu «momento iogur» durante todo un mes sen repetires! Por iso comercializamos cada iogur por separado, sen packs dun só sabor, para que poidas escoller o iogur de pastoreo que máis che apeteza en cada compra.
En Larsa especializámonos en satisfacer aos amantes do iogur. Por iso mesturamos á base dos nosos iogures tradicionais todo tipo de combinacións, como os iogures con froitas, o iogur desnatado con cereais e fibra, os bífidus con abelás ou con figos… E as nosas sobremesas lácteas! Non deixes de probar o iogur do Peregrino ou as nosas deliciosas Sobremesas, con sabores moi vencellados á historia da Nosa Terra.
© 2024 All Rights Reserved.